Tuesday 14 de May de 2024

Entrega de máscaras protectoras a veciñanza


Hoxe venres 24 de abril dará comezo o repartimento de máscaras protectoras a toda a
poboación do noso concello. A entrega farase na man por parte do voluntariado da
Protección Civil, acompañadas dun folleto informativo coas instrucións para o seu uso.
A procedencia das máscaras é a seguinte:
• 6000 unidades elaboradas polo voluntariado organizado dende Sogaps
(Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), a prezo do custo do material.
• 5000 unidades doadas pola empresa Escurís, do grupo Jealsa. Elaboradas pola
empresa do sector téxtil Jealfer, que forma parte do mesmo grupo.
• O grupo de voluntarias do noso concello, que xa confeccionou varios centos e
seguirá a traballar nas vindeiras semanas.
• O establecemento comercial Pizpireta, que tamén doou material.
O noso agradecemento tanto para a empresa coma para as persoas voluntarias, que nos
permiten dispoñer do material e da capacidade para distribuílas.
Comezarase polo centro urbano, dando prioridade ás zonas de edificios de vivendas
plurifamiliares, onde existen zonas comúns e o risco de contaxio é maior. Completarase
o centro para logo continuar por todo o rural do noso concello.
A entrega será unha por persoa, e hai máis ca suficientes para toda a poboación.
Agradecemos que se lles dean tódalas facilidades ás persoas voluntarias da Protección
Civil para face-la distribución áxil e rápida, colaborando na medida do posible.
Unha vez máis cómpre destaca-lo traballo da Agrupación de Voluntarios/as de
Protección Civil, que están non só atendendo as demandas do Concello para colaborar,
senón que contan con iniciativa propia para leva-la axuda alá onde máis se precise. A
nosa sociedade estará en débeda con estas persoas ata que teñámo-la oportunidade de
agradecérllelo como merecen.